ABANCA y ASEMACO renuevan su Convenio de Colaboración

ABANCA y ASEMACO renuevan su Convenio de Colaboración

ABANCA e Asemaco renovan o seu acordo e poñen en marcha novas liñas de crédito

 

  • A entidade financeira ofrece a Asemaco novas condicións melloradas para a contratación de produtos e servizos

 

  • As dúas entidades colaboran na mellora da situación actual do sector da construcción

 

 09.12.2022. ABANCA e a Asociación de Empresarios de Materiais para a Construcción de Galicia (Asemaco) veñen de renovar, unha vez máis, o seu acordo de colaboración co obxectivo principal de promocionar o sector da construcción galego.

O convenio foi asinado en Vigo polo director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, e a presidenta da Asociación de Empresarios de Materiais para a Construcción de Galicia, Rocío Davila.

Mediante este acordo, o banco pon a disposición dos asociados os produtos e servizos coas mellores condicións que máis se adecúan ás necesidades dos empresarios do sector. Desta forma terán acceso a préstamos de anticipo de subvencións ou aprazamento de impostos, sen xuros nin comisións. O convenio tamén recolle outras opcións de financiamento mediante pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto comercial.

Os empresarios terán tamén acceso ao servizo Aprazos, que lles permitirá aumentar as súas vendas ofrecendo alternativas de financiamento aos seus clientes. Así mesmo, o texto recolle unha oferta mellorada para a contratación de dispositivos TPV, tanto físicos, como virtuais.

O banco tamén se compromete a apoiar as necesidades actuais dos profesionais e activa as liñas de financiamento oficiais do ICO, así como outras alternativas que ofrecen os distintos organismos públicos para facer fronte ás consecuencias da inestabilidade económica actual. Os adheridos poderán beneficiarse das vantaxes que lles ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais. A maiores, o banco tamén pon a disposición dos empresarios o seu servizo de banca electrónica.

Las Empresas Asociadas pueden consultar el Convenio Financiero firmado en el apartado de BIBLIOTECA.