12 Feb OVG Boletín do 16 ao 31 de Xaneiro de 2018
Información enviada por el IGVS, Observatorio da Vivenda
Bos días.
No pasado mes de decembro, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, xunto co director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), presentou o Observatorio da Vivenda de Galicia.
O Observatorio da Vivenda de Galicia é un espazo información e participación que pretende integrar a todos os axentes implicados no sector co obxectivo de fomentar o coñecemento en materia de vivenda. Pode consultar máis información deste proxecto na súa web (www.observatoriodavivenda.gal).
Desde o Observatorio, permitímonos enviarlle un exemplar do boletín do Observatorio, que recolle información de actualidade do sector da vivenda. Gustaríanos convidalo/a a que se subscriba a este boletín quincenal cubrindo o formulario desta ligazón. Tamén lle agradeceriamos que reenviara o boletín aos seus contactos ou asociados que puidesen estar interesados na temática da vivenda. Agardamos que sexa do seu interese e animámolo a achegarnos calquera suxestión que estime conveniente.
Ao clickar na imaxe ábrese o boletín en pdf, onde pode clickar nas noticias para velas en detalle.
Se non visualiza a imaxe desta mensaxe, pode vela a través desta ligazón.