IGVS NextCal: A nova ferramenta para o cálculo das axudas enerxéticas nas vivendas

IGVS NextCal: A nova ferramenta para o cálculo das axudas enerxéticas nas vivendas

información dende o Observatorio da Vivenda de Galicia, onde convidan ó evento «IGVS NextCal: A nova ferramenta para o cálculo das axudas enerxéticas nas vivendas» que terá lugar o día 14 de abril de 2023 ás 10:00h en liña.

Durante esta charla divulgativa, o IGVS presentará a súa nova aplicación, IGVS NextCal, a cal permitirá aos axentes da construción e ao público en xeral calcular as axudas enerxéticas máis axeitadas para acadar un maior aforro e unha mellor eficiencia enerxética nas vivendas.

Podes inscribirte na xornada na seguinte ligazón: Inscripcións

DESCARGAR PROGRAMA