07 Feb OURENSE – PRESENTACIÓN DE REFORMA-TUR 19
Posted at 15:47h
in Noticias
JORNADA DE PRESENTACIÓN DEL PROGRAMA REFORMA-TUR 19
Achégase convocatoria da reunión informativa que terá lugar o próximo martes 12 de febrero ás 10:30h. na Delegación da Xunta en Ourense. (Avda. Habana 79) sobre as axudas do Plan MAT da mellora de aloxamentos turísticos. (na actualidade atópanse en prazo de presentación de solicitude)
En concreto, as axudas obxecto de análise serán as seguintes:
- TURISMO DE GALICIA: Orde de axudas para a mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento regrado. A través dela, poderán cubrirse investimentos dirixidos a accións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas nestes negocios; obras para a optimización das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, (como o Q de Calidade Turística); ou actuacións para incrementar a clasificación do establecemento e elevar a súa categoría. Poderán ser beneficiarios das subvencións os establecementos turísticos de aloxamento incluídos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta (REAT), con especial incidencia nas pequenas e medianas empresas do sector.
- IGAPE: Programa Reforma TUR 2019, unha iniciativa pioneira que contará cun investimento de 3M€ para facilitar a mellora e modernización de servizos de 500 establecementos hoteleiros. En concreto, está dirixido a hoteis, hoteis baleneario e hoteis talaso cun máximo de 40 prazas, así como instalacións de turismo rural e albergues privados situados no Camiño de Santiago.
Descarga: Invitación