DIFUSION DE LAS AYUDAS PARA LA REHABILITACIÓN DE VIVIENDAS

DIFUSION DE LAS AYUDAS PARA LA REHABILITACIÓN DE VIVIENDAS

ASEMACO SIENDO MIEMBRO DE FEDERGAL, COLABORA CON EL IGVS PARA LA DIFUSIÓN DE LAS AYUDAS PARA LA REHABILITACIÓN DE VIVIENDAS Y EDIFICIOS DE CARÁCTER RESIDENCIAL FINANCIADAS CON FONDOS EUROPEOS.

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, reuniuse esta semana con representantes da Federación de asociacións de empresas de reforma e rehabilitación de Galicia (Federgal) co fin de abordar as próximas convocatorias de axudas para a rehabilitación de vivendas e edificios de carácter residencial financiadas con fondos europeos.

Durante a xuntanza —á que asistiron en nome de Federgal Rubén Mera, secretario xeral de Asemaco, e Armando Mathieu, xerente de Acegal—, ambas partes coincidiron na oportunidade que supoñen estas novas liñas para o sector da construción e máis concretamente, para as empresas especializadas en reformas no eido residencial. Por este motivo, a Federación aceptou colaborar na difusión entre os seus asociados de toda a información recibida sobre as condicións a cumprir para poder acceder a estas axudas.

Entre os requisitos esixidos, Heriberto García destacou especialmente a necesidade de que as vivendas para as que se soliciten axuda dispoñan, con carácter previo, do certificado de eficiencia enerxética, que, en todo caso, os propietarios poderán tramitar xa antes da publicación da convocatoria das axudas.

Neste sentido, o director do IGVS recalcou ante os representantes de Federgal a importancia de que os interesados cumpran este requisito xa que só se admitirán aquelas solicitudes que vaian acompañadas do referido certificado e do proxecto ou memoria correspondentes.

Por último, tamén lles avanzou que a comezos do vindeiro ano está previsto que se publiquen algunhas das novas liñas de subvencións en materia de rehabilitación de vivendas e edificios de tipo residencial.

Fonte | Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2021