14 Dic Nova aplicación de cálculo de axudas para rehabilitación enerxética de edificios e vivendas
Posted at 10:54h
in Noticias
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presentou hoxe esta nova ferramenta
A Xunta lanza unha nova ferramenta para calcular as axudas máis axeitadas para un maior aforro e unha mellor eficiencia enerxética nas vivendas galegas
Permitirá realizar unha simulación sobre un inmoble concreto xerando propostas de actuación para a mellora enerxética das vivendas, unha estimación de custos desas propostas e as axudas ás que se pode optar para executalas.
Esta iniciativa enmárcase na aposta do Goberno galego por axudar a reducir os consumos dos fogares sen renunciar ao confort.
O simulador estará accesible de forma gratuíta a través da páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) desde hoxe e nos próximos días poderase descargar como aplicación en dispositivos móbiles.
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2022
Enlace: Noticia informativa de la Xunta de Galicia