13 Dic ABANCA y ASEMACO renuevan su Convenio de Colaboración
ABANCA e os empresarios de materiais para a construcción colaboran co fin de mellorar as oportunidades de financiamento no sector
- O novo acordo busca potenciar a actividade construtora e ofrece novas condicións melloradas para a contratación de produtos e servizos do banco
- A entidade financeira tamén se compromete a apoiar as necesidades actuais dos profesionais deste sector activando distintas alternativas que ofrecen os organismos públicos para facer fronte ás consecuencias da inestabilidade económica actual
13.12.2023. ABANCA e a Asociación de Empresarios de Materiais para a Construcción de Galicia (Asemaco) veñen de renovar, un ano máis, o seu tradicional acordo de colaboración co obxectivo principal de promocionar o sector do comercio da construción en Galicia e mellorar o acceso ao crédito dos autónomos e pemes.
O novo documento foi asinado en Vigo por parte do director territorial de ABANCA, Walter Álvarez, e a presidenta da Asociación de Empresarios de Materiais para a Construcción, Rocío Davila, que tras a firma abordaron os principais desafíos aos que se enfronta o sector na actualidade, coa vista posta en seguir establendo novas vías de colaboración no futuro.
Con este acordo, a entidade financeira facilita que as empresas do sector do comercio da construción en Galicia accedan a unha ampla oferta financeira con condicións moi vantaxosas respecto ao mercado. Deste xeito, poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións, leasing mobiliario, avais ou liñas de descont comercial.
ABANCA tamén se compromete a apoiar as necesidades máis actuais dos profesionais do sector e activa as liñas de financiamento oficiais do ICO, así como outras alternativas que ofrecen os distintos organismos públicos para facer fronte ás consecuencias da inestabilidade económica actual.
Así mesmo, o texto recolle unha oferta mellorada para a contratación de dispositivos TPV, tanto físicos como virtuais. A maiores, os asociados a Asemaco terán acceso ás vantaxes que ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pago dos servizos bancarios máis habituais grazas á súa vinculación co banco. Finalmente, disporán tamén de avanzados servizos de banca a distancia, como a Banca Móbil, a Banca Electrónica, o Bróker Online ou solucións como ‘Appúntame’, para a xestión de cobros fixos periódicos, así como o servizo de compras ‘Aprazos’, que axuda a aumentar as vendas ofrecéndolle aos clientes o financiamento das compras de forma rápida e sinxela no propio establecemento.
Las Empresas Asociadas pueden consultar el Convenio Financiero firmado en el apartado de BIBLIOTECA.